Monday 13 de May de 2024

Novo Sábado de portas abertas do Goberno Local


Este vindeiro sábado, 26 de novembro, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán de 10 a 13 horas á disposición da cidadanía no mesmo Concello. Como cada último sábado de mes ten lugar o ‘Sábado de portas abertas do Goberno Local’, iniciativa dirixida á veciñanza e coa que se pretende facilitar o contacto directo cos edís e o rexedor local. Un xeito especialmente pensado para aquelas persoas que por motivos laborais ou doutra índole non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002.
Por outra banda tamén existe a posibilidade de contactar con Alcaldía a través do correo electrónico habilitado na páxina web do Concello de Ordes http://www.ordes.gal.